O Centro histórico ponse a punto para acoller as festas do verán
Por Redacción
O concelleiro delegado do Centro histórico mantivo este mércores unha reunión cos técnicos municipais e cos da empresa encargada da conservación e mantemento do centro histórico para coordinar a posta a punto do principal centro de atracción cidadá nas festas do verán. Segundo o plan pechado esta mañá, durante a vindeira semana faranse as seguintes actuacións:
- Actuación na avenida de Santa María coa colocación dunha varanda de protección no xardín no que está a estatua de Castelao para evitar o acceso dos vehículos a esta zona verde. Tamén está prevista mellorar o axardinamento do banco de madeira corrido da praza por parte do servizo de Parques e Xardíns.
- Na Praza de Méndez Núñez instalaranse bancos de madeira diante do colexio Méndez Núñez.
- Na rúa Serra está previsto a reparación de pavimentos en mal estado, ao igual que na rúa Pasantería.
- Na rúa Sarmiento substituiranse as actuais arquetas de peda por trampillóns, o sistema que se está a estender por todo o centro histórico.
- Ademais farase reparación de arquetas, alcorques e mobiliario urbano en todo o centro histórico, así como revisión e reparación do alumeado público.