Antonio Casal (ENCE): "No entiendo la razón de esta obsesión por decir que somos igual que hace 30 años"
Por Natalia Puga
O director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, presentou este martes os indicadores ambientais da factoría de Lourizán e a súa evolución nos últimos cinco anos e indicou que sobre a base deses datos se pode asegurar que "esta fábrica puede convertirse y se convertirá en un referente en la economía verde de Galicia".
Antonio Casal e o xefe de Calidade e Medioambiente de Ence en Pontevedra, Carlos Casas de Ron, presentaron datos relativos a indicadores ambientais como a Demanda Química de Osíxeno, a Demanda Biolóxica de Osíxeno ou o consumo de auga e, como resumo, aseguraron que "en el año 2012 hemos vuelto a demostrar que nuestra fábrica es un referente medioambiental mundial en el sector" tanto no relativo aos olores coma no impacto nos ecosistemas da Ría.
Ence aférrase a estes datos para defender a súa permanencia en Lourizán "frente a alguna gente que se empeña en decir que esta fábrica es la misma que hace 30 años" e Casal sostén que "no entiendo la razón de esta obsesión por decir que somos iguales" e "no entiendo por qué hay gente que se dedica a decir lo contrario".
En termos técnicos, sinalaron que o número de episodios con impacto oloroso se reduciu nun 83% en 2012, reducíronse as emisións de vapor e aplica mecanismos de análise e vixilancia para garantir que a actividade da fábrica non ten impacto sobre os ecosistemas da Ría de Pontevedra. Todos os indicadores ambientais se actualizan diariamente na páxina web da fábrica nunha "iniciativa única en la industria española" e no último ano tiveron 18.994 visitas dende os cinco continentes.
O director de Ence en Pontevedra: "no habría forma de financiar 700 millones de euros para mover una fábrica de su sitio"
Sobre a base destes datos, asegura que "ni el impacto oloroso ni el visual de la fábrica se parece en nada a lo que era la fábrica hace 30 años" e insiste en que a situación aínda mellorará máis, pois referenda o seu "compromiso" en seguir traballando nesta liña.
Casal referiuse á posibilidade de traslado da factoria e á renovación da autorización para permanecer en Lourizán máis alá de 2018. Recoñeceu que "se estudió" o traslado da factoría, pero que a conclusión das súas análises foi que "es algo inviable". Ademais, insiste en que "no hay ninguna razón medioambiental para que Ence tenga que moverse de dónde está".
O traslado "es absolutamente inviable por razones técnicas y económicas", asegurou. E ampliou que a nivel técnico non encontraron ningunha situación que reúna as condicións de auga dispoñible ou de opcións loxísticas e que a nivel económico "no habría forma de financiar 700 millones de euros para mover una fábrica de su sitio".
En canto á autorización para a súa permanencia en Lourizán, revelou que aínda non se solicitou a ampliación da concesión actual, pero que se fará "en cuanto se dén las condiciones y en cuanto podamos pedirla", pois aínda non saíu publicado o regulamento.