Poxa solidaria de arte galega
Por Redacción
Luis Seoane, Isaac Díaz Pardo, Antón Lamazares, Leopoldo Nóvoa, Ricardo Segura Torrella, Joaquin García Gesto, Salvador Cidrás, Santi Vega ou Ana Gil son algúns dos autores das obras que conformarán a exposición que se poderá ver dende o martes día 6 ata o sábado 10 na Sala Nauta Sanxenxo, situada no Porto Deportivo Juan Carlos I.
A mostra, integrada por artistas xa consagrados xunto con outros emerxentes, permanecerá aberta ao público dende as 11.30 ás 14.30 horas e dende as 18.30 ás 01.30 horas.
Estas pezas de arte galega subhastaranse o día 10 durante unha cea a beneficio da Xunta Comarcal do Salnés de la Asociación Española Contra el Cáncer (AECC), que colabora coa galería About Art na organización desta iniciativa. A cita será ás 22.00 horas no Hotel Augusta Spa Resort e o prezo da degustación solidaria será de 35 euros.
As persoas interesadas en adquirir algunhas das obras modernas e contemporáneas que sairán a poxa terán a oportunidade de consultar o catálogo online.