Unha condutora e un menor, feridos leves nun accidente de tráfico en Sanxenxo
Por Redacción
A primeiras horas da tarde deste luns 2 producíase un accidente fronto lateral entre dous turismos na rotonda da saída da autovía, en O Vinquiño no municipio de Sanxenxo. O Grupo de Emerxencias do municipio acudía ata o punto para intervir no suceso.
As dúas persoas que circulaban no BMW implicado no accidente, a condutora e un menor, foron trasladados por unha ambulancia das 061 Urxencias Médicas a un centro hospitalario ao sufrir feridas leves.
RETIRADA DUNHA ESTRUTURA NO PASEO DE SILGAR
Tamén nesta xornada, unha dotación do Servizo de Emerxencias trasladábase á primeira hora da tarde para retirar o beirado dunha edificación situada no paseo de Silgar.
A estrutura atopábase en mal estado e había risco de que se desprendese sobre a beirarrúa con perigo para os peóns. O equipo de Emerxencias sinalizou a zona e tamén informou os axentes da Policía local para localizar ao propietario e alertarlle da incidencia.