Ponte Caldelas programa unha andaina para celebrar o 8-M
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas celebrará o Día Internacional da Muller, o 8 M, cunha andaina de 10 quilómetros entre a praza de España e o miradoiro da Castrelada.
Co obxectivo de reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, o goberno local promove este primeiro ascenso que ten a saída prevista para as 10.30 horas.
Os interesados poden inscribirse previamente nas oficinas municipais ou na zona de saída o mesmo día da andaina. A duración estimada do percorrido, de ida e volta, roldará as tres horas.
O miradoiro da Castrelada é un dos picos máis altos do municipio e desde alí poden contemplarse as tres rías da provincia.