Identifican tres menores por furtar camisas nunha tenda de Benito Corbal
Por Redacción
Tres menores de idade foron identificadas por axentes da Policía Nacional este martes 23 ao ser sorprendidas cando trataban de abandonar un local comercial sen aboar tres pezas de roupa.
Segundo fontes policiais, as menores subtraera ntres camisas valoradas en 49,97 euros. As mozas, ademais, causaron dano nas pezas ao arrancarlles as etiquetas.
A responsable do establecemento situado na rúa Benito Corbal alertou os axentes que se encontraban realizando labores de prevención da seguirdad cidadá. Os policías identificaron as menores e localizaron entre os seus efectos as tres camisas con danos no lugar onde se sitúan as alarmas.
As menores foron trasladadas ás dependencias policiais e alertouse os seus pais que se fixeron cargo delas. As pezas incautadas foron devoltas ao establecemento comercial.