O alumnado de Ponte Sampaio súmase aos almorzos cooperativos
Por Redacción
O alumnado de terceiro e cuarto curso de Primaria do CEIP de Ponte Sampaio participou no programa da Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (
Esta actividade ten como obxectivos fomentar uns bos hábitos de alimentación e a práctica regular da actividade física, sensibilizar ao alumnado da importancia de almorzar de xeito completo e saudable, dar a coñecer entre o alumnado o cooperativismo, a agricultura e a gandería, os alimentos e o medio rural de Galicia e realizar xogos cooperativos co alumnado e fomentar os valores cooperativos.
O alumnado participou en varias actividades. Despois da presentación oficial do programa, houbo unha exposición teórica sobre a necesidade de alimentarse de forma variada e a importancia do almorzo e unha fase práctica de degustar un almorzo formado por racións de froita, leite enteiro e pan galego con aceite de oliva.
Unha vez rematadas as actividades, os participantes recibiron un póster e un cómic especialmente deseñados para o programa.
Segundo indican desde o centro educativo, o alumnado gozou da actividade e está entusiasmado coa súa participación no certame de microrelatos cooperativos que está asociado a esta actividade.