Os traballadores de Industrias Carsi concéntranse para reclamar o pagamento das súas nóminas
Por Redacción
Os traballadores de Industrias Carsi protagonizaron este luns unha concentración ás portas da empresa para denunciar publicamente a súa situación laboral.
Segundo explicou o Secretario comarcal de CIG, Marcos Conde, Industrias Carsi ten un equipo de 34 traballadores "que acumulan non pagamentos nas súas nóminas de entre dous e tres meses e medio".
Un total de 29 traballadores encóntranse suxeitos a un Expediente de regulación de emprego con carácter suspensivo pero "nos próximos días" a dirección da empresa ten previsto presentar concurso voluntario de acredores, segundo estas mesmas fontes.
Industrias Carsi, é unha empresa pontevedresa con sede en Mourente, dedicada á carpintaría de aluminio.