O novo comedor do colexio da Carballeira agarda pola licenza municipal
Por Redacción
As novas instalacións do comedor escolar no CEIP da Carballeira contan con todos os permisos da Xunta de Galicia e só están pendentes da tramitación da licenza municipal para a súa apertura.
Actualmente este servizo que se ven prestando nun aula, que resulta necesaria para impartir clase dado o incremento de matrícula no centro, circunstancia que obrigou a reorganizar espazos. Esta instalación levouse a cabo dado que non existía ningunha posibilidade de ampliación no edificio principal.
O deputado do PP, Jacobo Moreira e a concelleira do PP en Pontevedra, Silvia Junco, visitaron este luns o colexio, a fin de coñecer de primeira man a situación na que se atopa a infraestrutura modular instalada pola Consellería de Educación para poder albergar o comedor escolar.
Este módulo instalouse no mes de outubro e a previsión inicial era que se puidera poñer en servizo despois das vacacións de Nadal. Pero aínda que a instalación conta coa autorización da Consellería de Educación, de Sanidade e incluso de Patrimonio Cultural (dado que nas inmediacións se atopa un petróglifo), deberá agardar a contar coa licencia municipal.
O seu custe foi de 45.000 euros, aos que hai que sumar outros 27.000 para conectalo ás redes de abastecemento de auga e saneamento, e tamén ao subministro eléctrico do colexio.
Unha vez se poña en marcha, o colexio mellorará notablemente a súa funcionalidade así como o confort dos seus alumnos e equipo docente.