Un electricista do Porto de Marín, trasladado a Montecelo tras sufrir unha descarga
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A primeiras horas da tarde, un operario do Porto de Marín de máis de corenta anos que se encontraba traballando nunha caseta próxima a unha das entradas do recinto portuario sufriu unha descarga eléctrica, segundo fontes do servizo de Emerxencias de Galicia.
O electricista encontrábase consciente, con feridas leves no rostro que o levaba ennegrecido debido á ardentía da descarga, segundo informaban membros de Protección Civil de Marín. Foi trasladado ao Hospital Montecelo por unha ambulancia para sometelo a observación.