Carril e Jesuscristo García
Por Aitana Vidal
Aínda resoan en Carril os ecos da verbena máis multitudinaria da súa historia.
Para as autoridades resulta moi complicado facer un cálculo sobre o número de persoas que pasaron na noite do martes pola Tomada, pero todas as fontes consultadas coinciden en que nunca menos de 10.000.
Boa parte de culpa téñena as orquestras Olympus e Panorama, que rivalizaron coa súa música ata as cinco da mañá.
O delirio chegou ao subir ao escenario Pablo Morón Skalopendra, para cantar xunto a Panorama o tema de Extremoduro, "Jesucristo García".