Dúas rutas turísticas descobren aos visitantes de Sanxenxo a cultura mariñeira de Portonovo
Por Redacción
O organismo público Turismo de Sanxenxo descobre aos visitantes do municipio a cultura mariñeira ligada á vila de Portonovo a través dos itinerarios guiados que se desenvolven en horario matutino e vespertino e que "supoñen un complemento idóneo á oferta de ocio deste destino", segundo indicou o propio Concello.
'Una mañana en Portonovo: tradiciones, costumbres e historia', é a denominación da primeira ruta que parte ás 11.00 horas e que inclúe unha ampla explicación sobre as orixes da localidade. Tras iso, os participantes diríxense ao Mercado Municipal de Abastos onde poden comprobar a variedade diaria de peixes e mariscos que se venden na praza segundo a tempada.
Posteriormente, chega un paseo pola praia de Baltar e o seu sistema dunar e polo porto deportivo e pesqueiro, coroado ademais coa entrada á Casa de D. Fernando -que alberga ademais a única tenda exclusiva de Artesanía de Galicia-, logra incidir na condición mariñeira desta vila.
O campo de San Roque e a capela de Santa Catalina centran tamén este trazado que culmina cunha ruta pola 'Rúa dos Viños', con degustación incluída dun pincho elaborado con produtos do mar.
A empresa mixta, conformada polo Concello de Sanxenxo e o CETS, ofrece tamén un itinerario pola tarde, que comeza ás 17.00 horas, e que se denominada 'Portonovo, villa marinera al atardecer'. "Con elo facemos partícipes aos visitantes da actividade pesqueira que se desenvolve nesta vila xa que reciben unha explicación sobre os distintos oficios do mar e os procesos que se seguen á hora de transformar as capturas diarias en propostas gastronómicas", sinalou a concelleira delegada da área.
A historia de Portonovo e a súa especial relación co mar e a pesca, a importancia que para a vila ten a confraría de pescadores, as instalacións portuarias, a lonxa e o labor das redeiras centran o relato deste percorrido.
Para sumarse a esta actividade é preciso reservar cun día de antelación dirixíndose á oficina de información turística do CETS situada na estrada da Lanzada, ou ben chamando ao número de teléfono 986 691 128. Existe a posibilidade de variar os horarios de saída para grupos solicitándoo previamente.