Será o máis Milagreiro pero ollo co coche en San Benitiño!
Por Redacción
Dende este xoves Pontevedra estará inmersa nas festas do verán, que levarán á cidade do Lérez encadenando festa a festa, e celebración a celebración, ata a Feira Franca prevista no primeiro fin de semana de setembro.
A Romaría de San Benitiño está considerado o arranque das actividades de verán. A festividade comeza ás 10.30 horas coa saída dos grupos de música tradicional dende o Concello até os salóns do Lérez, con Os Alegres.
Ás 11.30 horas comezará á romería popular na praia fluvial. Ás 11.45 horas actuará os Gaiteiros das Rías Baixas e ás 12.00 horas terá lugar a mexilloada popular tamén na praia fluvial do Lérez (1.000 quilos de mexillón).
A festa continuará á 13.30 horas co concerto da Banda de Música de Pontevedra no adro do Mosteiro.
Ás 17.00 horas está prevista a actuación de Aturuxo Pequeno tamén na beira do Lérez, e ás 22.00 horas verbena no adro do Mosteiro a cargo da Orquestra Bahía.
Para garantir a mellor mobilidade no entorno do mosterio de Lérez e no ámbito da praia fluvial, prohibirase o estacionamento en Leandro del Río Carnota, permitindo o dobre sentido nesta rúa de acceso ao mosterio. As estradas aledañas serán de sentido único.
No ámbito da avenida de Bos Aires, cortarase un carril de circulación dende Monte Porreiro ata o centro da cidade. Pero permitirase a circulación dende a cidade cara o barrio. Ademais, estará prohibido o estacionamento na cercanía da praia fluvial, onde se autorizará aparcar ás emerxencias a ás persoas con mobilidade reducida.