Detido por furtar unha bicicleta en Silgar e intentar eludir o cerco policial usando o vehículo substraído
Por Redacción
A Garda Civil de Sanxenxo imputou un mozo desta localidade pola subtracción dunha bicicleta na avenida de Silgar aproveitando que o titular desta se encontraba nun establecemento comercial da zona.
Os feitos sucederon na mañá deste venres e tras coñecemento do feito, efectivos da Garda Civil, en colaboración con axentes da Policía Local de Sanxenxo realizaron un cerco á zona onde sucedeu o feito.
O suposto autor intentou fuxirse usando o vehículo subtraído, pero non o conseguiu e finalmente foi detido. Unha vez identificado, resultou ser un mozo de 22 anos de idade veciño de Nanín - Cubela, en Sanxenxo.
O imputado ten numerosos antecedentes por furto, danos e tenza de marihuana e queda a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Cambados.
Esta detención enmárcase no operativo que vén realizando a Garda Civil contra os 'descuideros' e para previr pequenos roubos en Sanxenxo e as súas praias.