Marín estará "en buenas manos": o doutor Bartolomé Beltrán, pregoeiro das Festas do Carme
Por Redacción
O doutor Bartolomé Beltrán, que se fixo moi popular nos anos 80 e 90 debido á súa participación en varios programas de radio e televisión sobre saúde, foi proposto como o pregoeiro este ano das Festas do Carmen de Marín. Así o confirmou o concello marinense nun comunicado de prensa, no que relata que tralo ofrecimiento municipal, este aceptou a invitación.
O acto oficial terá lugar o sábado día 13 de xullo ás 20.00 horas na Alameda de Marín, previo ao Acto do Certame de Bandas que organiza a Agrupación Cultural Airiños de San Xulián. A recepción realizarase na Casa Consistorial onde as autoridades recibirán a todas as bandas participantes e ao pregoeiro das festas deste ano 2013.
Será o pistoletazo de saída á semana grande das festas marinenses, cuxo programa presentouse hai uns días.
Bartolomé Beltrán, médico, escritor, editor e experto en comunicación audiovisual, é licenciado en Medicina pola Universidad de Valladolid e especialista en toco-xinecolxgía pola Universidad Complutense. Entre outros méritos, é membro do Consello Asesor do Ministerio de Sanidade e logrou a Medalla de Ouro da Cruz Vermella ou un premio da Organización Mundial da Saúde polo seu traballo no sector cardiovascular.
Desde 1982 é coñecida en España a súa tarefa de produción informativa e de divulgación, en programas de prensa e radio, sobre saúde e ciencias biomédicas en espazos como La salud es lo que importa en Antena 3 Radio ou En buenas manos en Antena 3 TV, polos que en 1990 recibiu un Premio Ondas. Actualidade é Director de Prevención e Servizos Médicos de Antena 3 e Onda Cero e colabora diaria ou semanalmente en prensa, radio e televisión.