O PP critica a falta de "información clara" sobre as licenzas express e Louro defende o traballo municipal
Por Redacción
A "mala gestión" das denominadas licenzas express, segundo o Partido Popular, está provocando unha situación "lamentable" entre aqueles que queren abrir o seu negocio en Pontevedra. Di o concelleiro Ricardo Aguilar que "no hay información clara a los ciudadanos" e que non se fixeron xestións cos colexios profesionais para comunicarlles o contido da ordenanza de simplificación administrativa.
Entre os interesados hai, denuncia Aguilar, "un despiste generalizado", ocasionado en parte, relata, porque "cuando vienen al Concello preguntando por los trámites que tienen que seguir, nadie les ayuda". Iso provoca, segundo o concelleiro popular, que tras solicitar a licenza e "con las obras iniciadas o pagadas", os técnicos municipais detecten deficiencias e ordenen o peche do negocio.
Neste sentido, explicou que "nos parece poco correcto que se autorice a los grandes bancos que puedan abrir sin licencia y a que emprendedores que quieren abrir sus negocios se les pongan tantos problemas". Por iso é polo que entendendo que "no están haciendo bien las cosas" apelase á "generosidad" do goberno municipal "máxime cuando no se trata de actividades molestas o insalubres".
LOURO DEFENDE O TRABALLO MUNICIPAL
Ante esta denuncia pública, o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, insistiu en que a ordenanza de simplificación administrativa está funcionando de "forma notable". Defendeu o cambio de procedemento polo que cunha simple declaración de responsabilidade pódese abrir un negocio, que será inspeccionado a posteriori, e reiterou que "a xente que non está ao loro é moi pouca".
Explicou que esta ordenanza foi discutida en varias ocasións cos colexios profesionais e defendeu o traballo dos funcionarios municipais nesta materia, dos que dixo fan unha revisión "exhaustiva e completa" de cada un dos expedientes. Por iso é polo que lle pedise a Ricardo Aguilar "que se tranquilice", xa que desde o concello dáse sempre a "máxima información" a todo aquel que pregunta sobre a licenza express.