Evacúan en helicóptero a un home en San Miguel de Deiro tras sufrir un accidente na súa leira
Por Redacción
Un veciño de San Miguel de Deiro, en Vilanova de Arousa, tivo que ser evacuado en helicóptero despois de resultar ferido mentres traballaba no seu terreo, no lugar da Igrexa.
O home, E.R.N., de 78 anos, manipulaba unha máquina agraria para arar o terreo cando, por circunstacias que se descoñece, sufriu unha caída, aproximadamente ás 10:30 horas da mañá.
Ao lugar dos feitos, segundo informa o 112, desprazáronse efectivos de Policía Local, Protección Civil e 061, reclamando estes últimos a presenza do helicóptero medicalizado.
O home ferido foi trasladado en estado grave ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).