Corte de tráfico na rúa Joaquín Costa por obras durante toda a semana
Por Redacción
A rúa Joaquín Costa quedou cortada ao tráfico dende este luns ás 8:00 horas da mañá no tramo comprendido entre Sagasta e Blanco Porto polas obras de reparación do firme fronte ao colexio Álvarez Limeses.
A previsión é que a rúa siga pechada ata o próximo fin de semana, limitando o seu tráfico rodado aos accesos a garaxes, carga e descarga para os comercios da zona e para servizo da Policía Nacional, que terá acceso á comisaría dende a rúa Blanco Porto en dirección contraria.
As obras consisten na mellora do firme e recolocación das lastras despois de detectar afundimentos na calzada.
Paralelamente o Concello de Pontevedra informou ademais do inicio de obras na Praza de España, fronte á Subdelegación do Goberno, onde tamén se efectúa unha reparación do firme polo afundimento dalgunhas das lastras.
Os traballos prolongaranse tamén durante toda a semana pechando a zona ao tráfico ata o luns día 8. Neste caso as reparacións están incluídas dentro da garantía da obra, polo que non supón ningún custo engadido ás arcas públicas.