Medio Natural restaura a pasarela do río Gafos
Por Almu Dapena
A pasarela de madeira do río Gafos que discorre pola rúa da Ponte Nova está como nova despois da reparación realizada durante estes días.
Segundo sinala o concelleiro Iván Puentes, "trátase dun tramo de pasarela duns 60 metros de lonxitude que se atopaba en mal estado de conservación, con postes podres e pezas do piso levantados"
A actuación consistiu na retirada desas pezas de madeira danadas e podres e a súa substitución por outras novas, ademais dunha limpeza en profundidade con auga a presión, lixado dos distintos elementos e un tratamento da madeira.
A limpeza, realizada pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural e a brigada municipal de Parques e Xardíns, supuxo un investimento de 4.600 euros e "repuxéronse todos os postes e pasamáns que estaban deteriorados na pasarela, polo que o resultado dos traballos foi excelente", valorou o concelleiro do PSOE.