Unha denuncia por malos tratos revela o paradoiro dun narco fuxido da Xustiza
Por Redacción
A Garda Civil detivo a F.B.G., de 54 anos de idade e veciño Vilanova de Arousa por constarlle dúas requisitorias por dous procedementos xudiciais dimanantes da Audiencia Nacional, Sección 2ª e 3ª, unha das cal leva consigo o seu ingreso en prisión.
O detido figura como un dos implicados na operación "Cabana Sordo", levada a cabo entre os anos 2007 e 2008 e na que se aprehenderan 600 kg de cocaína, non sendo detido no seu día por fuxirse e durante tres anos vivir en Arxentina, de onde despois de regresar a España, permaneceu escondido nun piso de Vilanova de Arousa para tratar de evitar a súa captura e ingreso en prisión.
A detención levouse a cabo na tarde do mércores, día 26, por unha patrulla do Posto da Garda Civil de Vilagarcía, que, ante unha chamada dunha veciña dun edificio de Vilanova de Arousa alertando sobre un posible caso de violencia de xénero nun dos pisos, acudiu ao lugar onde se entrevistou coa suposta vítima e ante o nerviosismo desta un dos axentes localiza o suposto autor.
Unha vez identificado, púidose comprobar as requisitorias pendentes, polo que se procedeu á súa detención e traslado ás dependencias oficiais para a instrución das dilixencias que foron entregadas xunto co detido no Xulgado número Tres dos de Vilagarcía de Arousa, quen decretou o seu ingreso en prisión.