Un menor resulta ferido nun accidente entre un coche e unha bicicleta en Bueu
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un menor de idade resultou ferido e tivo que ser trasladado a un centro hospitalario para ser atendido das feridas sufridas nun accidente de circulación en Bueu.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 indicou que o sinistro se produciu ás 10.18 horas no lugar de Meiro, na estrada que comunica Bueu con Ermelo, á altura do cruzamento de San Antonio.
Segundo explicou o particular que chamou o 112, o sinistro consistiu nunha colisión entre un turismo e unha bicicleta e froito do impacto resultou ferido o menor ciclista que foi trasladado en ambulancia a un centro sanitario.
A Garda Civil de Tráfico regulou a circulación e instruíu atestado do sucedido.