Como evitar agresións para poder salvar vidas
Por Redacción
Os próximos días 27 e 28 de Xuño a escola de Formación do Sindicato Unificado de Policía impartirá un curso de autodefensa a persoal Sanitario integrado no servizo médico de emerxencias do 061.
O obxectivo da actividade formativa é o de dotalos das nocións básicas de autoprotección persoal necesarias para o desempeño do seu labor profesional, ao obxecto de reducir ao mínimo as posibilidades de ser vítimas dunha agresión física por parte de pacientes ou persoas do seu ámbito.
Tamén se abordarán as situacións nas que sexa necesaria a inmobilización física dun paciente ao obxecto de garantir ao máximo a integridade física e xurídica tanto dos profesionais sanitarios, coma das persoas intervidas.
Os docentes son policías pertencentes ao equipo de Instrutores da escola de formación do Sindicato Unificado da Policía e Instrutores Universitarios en Táctica Operativa Policial.
Esta actividade formativa encádrase no ámbito de colaboración e formación recíproca entre o 061 e o Sindicato Unificado de Policía. No cal se enmarca a formación que, á súa vez, os axentes Policiais reciben regularmente en Clasificación, Reanimación Cardiopulmonar e Primeiros Auxilios.