A desmontaxe dun guindastre obriga a cortar o tráfico o luns en Benito Corbal
Por Redacción
A desmontaxe dun guindastre de obra de grandes dimensións instalado dende hai meses na rúa Benito Corbal obriga este luns 24 de xuño a pechar totalmente ao tráfico a circulación rodada pola céntrica vía da cidade.
Segundo informou a Policía Local, deseñouse un dispositivo de tráfico encamiñado a facilitar a desmontaxe da maquinaria. As operacións realízanse este luns ao tratarse dun día festivo para, deste xeito, perxudicar o menos posible á circulación dos vehículos.
A rúa quedará cortada ao tráfico a partir das 8.00 horas deste lunes no tramo entre Blanco Porto e Sagasta. O tráfico será desviado cara ao centro da cidade polas rúas Blanco Porto e Cruz Gallastegui e Sagasta, que ser verán afectadas por un cambio no sentido da circulación.
Deste xeito, os coches podrán incorporarse de novo a Benito Corbal para seguir a súa dirección. Segundo as previsións que manexa a Policía Local, a desmontaxe do guindastre ubicado á altura do número 48 da vía durará todo o día.