Unha moza, ferida moi grave nun accidente de tráfico en Marín
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas de diversa consideración en senllos accidentes de tráfico rexistrados nas localidades de Marín e na Illa de Arousa
En Marín o sinistro consistiu nunha colisión entre un coche e unha moto na estrada PO-551, no lugar de Baguín. Ocurriu pouco antes das dez da noite.
Na moto viaxaban dúas persoas que sofren diversas fracturas. A moza que ía de acompañante atópase ingresada no hospital Cunqueiro, en estado moi grave. O piloto é veciño de Mogor e ela da parroquia de San Xulián de Arriba.
Por outra banda, o 112 Galicia informou dun atropelo na madrugada deste luns que saldouse cunha persoa ferida no lugar das Aceñas, na Illa de Arousa.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 4:30 horas. Segundo a información recibida, o condutor do coche implicado continuou a marcha despois de producirse o accidente, pese a que a persoa ferida necesitase asistencia médica.