Deteñen un veciño de Ribadumia multirreincidente por roubar en casas de Cambados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Garda Civil detivo un home con numerosos antecedentes policiais como suposto autor de cinco delitos cometidos no que vai de mes nas provincias de Pontevedra e Ourense, todos vinculados con delitos contra o patrimonio.
Segundo informou a Garda Civil, os delitos que se lle atribúen son catro roubos con forza en vivendas, un deles en grao de tentativa, e outro de violación de morada e cometéronse nos municipios de Cambados e Ourense en xuño.
A área de Investigación do posto da Garda Civil de Cambados levaba realizando xestións sobre este asunto dende había tempo e na tarde do mércores 19 de xuño detiveron o veciño de Ribadumia L.R.L., de 62 anos.
Tras ser detido, foi trasladado ao cuartel e quedou en liberdade con cargos coa obriga de presentarse no Xulgado de Instrución número 3 de Cambados cando sexa requirido.