A Universidade propón instalar un embarcadoiro na Xunqueira para deportes náuticos

Por Redacción
Abordar a necesidade de novos espazos ante o obxectivo de ampliar a oferta académica do campus. Ese foi o motivo do encontro que este xoves mantiveron o reitor de Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Acompañados do vicerreitor Jorge Soto e da concelleira responsable da área de Universidade, Yoya Blanco, ambos analizaron as posibilidades edificatorias dos terreos que a universidade ten na cidade. A intención é ampliar a oferta de graos unha vez se abra de novo o mapa de titulacións do sistema universitario galego
O reitor confirmou a aposta da universidade polo grao en Deseño e Creación, que se proxecta implantar no campus no curso 2020-2021, así como o impulso e o desenvolvemento do proxecto Green Campus.
Os responsables da institución académica incidiron neste encontro en que Pontevedra é o único campus que conta en España coa bandeira que outorga a FEE (Foundation for Environmental Education), a través da asociación ADEAC, e solicitaron a colaboración do Concello para, entre outras cousas, diminuír o ruído na avenida de Compostela.
Os responsables educativos solicitaron ademais unha mellor sinalización do campus, así como a posibilidade de abrir este espazo ao río Lérez, empregando a canle da Illa das Esculturas para instalar un embarcadoiro que poidan empregarse para deportes náuticos.
Tras unha xuntanza que ambas partes cualificaron de "moi produtiva", este contacto continuará nos vindeiros meses con máis reunións bilaterais.
Relacionadas:
-
O campus conta xa co seu propio embarcadeiro ao río Lérez
Por Oskar Viéitez |
-
O campus estreará en setembro un pantalán e novo mobiliario
Por Oskar Viéitez |
-
Universidade de Vigo e Concello unen forzas polo medio ambiente
Por Redacción |
-
A Universidade creará unha nova facultade en Pontevedra unicamente para o grao en Deseño e Creación
Por Oskar Viéitez |
-
A Universidade quere implantar un itinerario en galego no grao de Comunicación Audiovisual
Por Redacción |