Ponte Sampaio prepárase para servir máis de 700 quilos de anguía
Por Redacción
Concello de Pontevedra e Asociación de Naseiros Alvedosa asinaron este xoves o convenio anual de colaboración polo cal a asociación recibirá 10.000 euros para a organización da que será a XVIII Festa da Anguía.
O evento gastronómico, que se desenvolverá os días 6 e 7 de xullo na Xunqueira de Ponte Sampaio, espera servir máis de 700 quilos dun peixe que este ano foi capturado en abundancia, segundo recoñeceu o presidente de Alvedosa Antonio Álvarez, "a temporada vai moi ben, coas choivas as capturas foron abundantes, levamos uns 16.500 kilos nos primeiros meses".
Segundo a Asociación de Naseiros, pertencente á Confraría de Pescadores de Arcade, a pesca de anguía suponlles un ingreso medio anual de 210.000 euros.