Cúmprense 25 anos da primeira escola de oficios de Cambados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Cúmprense 25 anos da posta en marcha da primeira escola de oficios do concello de Cambados. Foi en 1988 cando, o alcalde Santiago Tirado, puxo en marcha o primeiro obradoiro na parroquia de Castrelo.
Máis de 500 persoas formáronse en todos estes anos grazas a este tipo de iniciativas que combinan a formación cun posto de traballo e permiten o desenvolvemento de obras ou servizos de interese para a comunidade.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu este xoves a entrega de diplomas ao alumnado que recibiu formación especializada en colocación de pedra natural, instalación de elementos de carpintería e actividades auxiliares de viveiros, xardíns e montes.
Nos últimos meses puxéronse en marcha na provincia un total de 11 obradoiros, con 346 alumnos e 3 millóns de euros.
O acto tivo lugar na casa do concello de Cambados e no mesmo estivo tamén presente o alcalde da localidade, Luis Aragunde e o director do curso, Enrique Ferreiro Gómez, así como a titora, María Dolores Falcón Chaves.
O obradoiro tamén permitiu a execución da mellora do xardín público dos olmos, a mellora dos xardíns do centro histórico e dos que se atopan nos acceso ao núcleo urbano. Finalmente, tamén recuperouse o patrimonio popular do lavadoiro da Chileta.