Marcos Conde substitúe á fronte da CIG a Rafa Iglesias que seguirá na executiva comarcal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este sábado 22 será o momento en que Rafael Iglesias deixe a secretaria comarcal da CIG tras case 20 anos nese posto. Sucederá na asemblea que se celebrará no Auditorio do Pazo dá Cultura de Pontevedra coa presenza do secretario xeral, Suso Seixo. O posto de Rafael Iglesias será ocupado por Marcos Conde que encabeza a única candidatura ao cargo.
Nesa candidatura encóntranse catro mulleres e tres homes. E combínanse veteranos como Rosa Abuín ou o propio Rafael Iglesias con militantes máis novos. Na candidatura encóntranse Francisca Ferradás, Soedade Fernández, Nacho Carballal e Dina Porral.
Na asemblea participarán 160 delegados do sindicato nacionalista.
Na rolda de prensa ofrecida por Rafael Iglesias e Marcos Conde para anunciar o contido da asemblea comarcal, ambos os dous dirixentes sinalaron que se abre agora un período difícil nesta segunda fase da crise económica: "se están a baixar salarios e recortando dereitos".
Iglesias indicou que "a patronal e o goberno non están por ceder". Neste sentido, o ata agora secretario comarcal da CIG apuntou que "haberá que facer manifestacións e folgas xerais" e sinalou que, nese sentido, haberá unidade sindical pero indica que CC.OO e UGT non poden aceptar sempre as condicións negativas para os traballadores que establece o Goberno.
Rafael Iglesias que ten actualmente 59 anos manterase na dirección comarcal ata finais de ano para despois asumir un cargo na directiva da Federación de Químicas e Metal. Aos 62 asumirá unha xubilación parcial e afirma que non vai dirixir o sindicato "na sombra".