Todo Mourente terá auga da traída antes de dous anos
Por Alejandro Espiño
Mourente converterase na primeira parroquia do rural en contar con abastecemento de auga en todo o seu territorio. As obras, que probablemente comezarán xa durante o verán, teñen un prazo de execución de 20 meses, polo que deberían estar listas a principios de 2021.
Nelas, a empresa Viaqua investirá 4.6 millóns de euros. É un dos compromisos incluídos no novo contrato da auga.
Esta rede de abastecemento, que terá o seu punto orixe no depósito de Castro Senín dará servizo a unhas 610 vivendas de Mourente e a dous puntos de interese como son a cidade infantil Príncipe Felipe e o Gran Montecelo, a pretendida ampliación do complexo hospitalario de Pontevedra que tramita a Xunta de Galicia.
Máis aló dos núcleos que xa teñen auga da traída, os que están máis próximos á trama urbana de Pontevedra, a rede ampliarase a Freixeiro, A Raxeira, A Igrexa, Boza, Casas Novas, O Pazo, Cons, Carabelos, A Bouza, A Condesa e Eirós, segundo explicou o portavoz do goberno municipal, Raimundo González.
Ademais, parte das novas tubaxes xa están colocadas e tan só hai que conectalas. Foron instaladas aproveitando as obras de saneamento en ambas as marxes de N-541.
O edil lembrou que esta actuación, cuxo custo asume a empresa, é a de maior contía do contrato da auga e supón case un 8% dos investimentos que se farán en total.
Con esta actuación, o Concello de Pontevedra " xa ten feitos os deberes" con respecto ás súas obrigacións de dotar de saneamento e abastecemento de auga ao novo hospital. Tan só quedaría licitar o novo vial perimetral, que non se pode impulsar ata que se aprobe definitivamente o plan sectorial.
Relacionadas:
-
O goberno local de Pontevedra completa a licitación da totalidade da rede de abastecemento de Mourente
Por Oskar Viéitez |
-
As obras de mellora da Peralba entran na súa recta final
Por Redacción |
-
Sen auga a menos de dous quilómetros do centro de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O Goberno local aproba a rede de auga para 448 vivendas de Marcón por 4,3 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello tramitará ante Patrimonio a rehabilitación do cruceiro de Mourente
Por Redacción |
-
Viaqua renovará as tubaxes de abastecemento de auga a Marín polas Corbaceiras
Por Alejandro Espiño |
-
As obras de saneamento de Campañó comezarán en dúas semanas
Por Alejandro Espiño |
-
Veciños e comerciantes acordan iniciar "canto antes" a reforma de Echegaray
Por Alejandro Espiño |