Quen velará pola seguridade de Sanxenxo este verán?
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51bf2f9a09d44-seleccionauxiliarespolicia6.jpg)
CC BY-NC-SA Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51bf3020bc9a0-seleccionauxiliarespolicia4.jpg)
CC BY-NC-SA Concello de Sanxenxo
Sanxenxo examinou ao longo da mañá deste luns a quen aos seus futuros axentes da Policía Local. Coa supervisión do concelleiro de Seguridade Cidadá e Persoal, Salvador Durán, realizáronse as probas para seleccionar o persoal que reforzará o labor que desempeña a Policía Local durante a tempada de verán coa incorporación de 26 auxliares.
Unha vez que os contratados se incorporen ao equipo da Policía Local recibirán docencia sobre aspectos concretos do municipio e a regulación do tráfico.
Dos 75 aspirantes, 11 xa quedaron excluídos por non superar as probas físicas. Os tres primeiros xa o foron nas primeiras probas da mañá, as de salto vertical realizadas no Pavillón de Baltar. Posteriormente, os 72 aspirantes restantes trasladáronse ao Campo de Fútbol de Portonovo para correr 1.000 metros lisos, o que permitiu ao tribunal medir a potencia do tren inferior e a resistencia xeral dos concorrentes. Neste caso, foron oito os que non conseguiron correr as tres voltas ao terreo de xogo dentro do tempo estipulado en 4,30 minutos para os homes e 5 minutos para as mulleres.
Xa no Pazo Emilia Pardo Bazán os candidatos que superaron os exames físicos tiveron que contestar unha proba escrita, tipo test, para a avaliación dos coñecementos sobre os contidos do temario incluído nas bases da convocatoria, ademais de asistir a unha entrevista persoal, encamiñada a determinar o grao de coñecemento do termo municipal e da toponimia local. Pola súa banda, aquelas persoas que non acreditaron documentalmente o seu coñecemento da lingua galega sometéronse a un exame sobre este idioma.
Os seleccioandos acudirán a un curso na Academia Galega de Seguridade Pública. Alí adquirirán coñecementos sobre un temario integrado por doce unidades relacionadas co tráfico, o dereito penal, o dereito administrativo, os atestados e o guía, entre outros.
O Concello de Sanxenxo destinará 109.660,71 euros á súa contratación. Formalizará 10 contratos de duración determinada a xornada completa de luns a domingo, cos correspondentes días de descanso semanal, por un período máximo de tres meses de duración e outros 16 por dous meses.