Sanxenxo licita a construción do novo campo de fútbol de Dorrón
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo publica no perfil do contratante para a súa licitación o proxecto de construción do campo de fútbol de Dorrón, cun orzamento que ascende a 472.132 euros.
É o único campo de terra que queda en Sanxenxo, polo que unha vez se execute esta primeira fase, faise necesaria unha segunda actuación, coa instalación de céspede no terreo de xogo.
O proxecto contempla a construción dunhas bancadas e da zona de vestiarios nova, así como o acondicionamento dunha zona reservada para a implantación de futuras instalacións como aseos públicos, despachos de billetes e un local multiusos-cafetería.
Actualmente o campo de futbol ten unhas dimensións de 96 metros de longo por 58 metros de ancho. E desde a directiva do club negociouse a compra de dúas parcelas, de 95 metros cadrados e de 45 metros cadrados, respectivamente, para poder ampliar o campo, de maneira que poida alcanzar os 100 metros de longo e os 60 metros de ancho.