Dobre xornada de 'troula' na praza de Méndez Núñez
Por Redacción
O Festival Troula Inclán chega esta fin de semana á súa quinta edición para encher de música e actividades a praza de Méndez Núñez.
A iniciativa conta coa colaboración de varios grupos locais, do Centro Comercial Urbano Zona Monumental e do Concello de Pontevedra, e está pensada para todos os públicos.
Así a actividade comezará o venres 17 de maio, de 19:00 a 21:00 horas, con obradoiros de globoflexia, tatuaxes e maquillaxe de fantasía para os máis pequenos, e terá continuidade ás 21:00 horas co concerto presentación a cargo de 'La Pistola del Manco'.
O sábado será a xornada central, con sesión vermú ás 13:00 horas con música tradicional a cargo de 'Ghalos do curral'. Depués continuará a actividade con novos obradoiros infantís ao longo de toda a tarde, na que destacarán loas concertos previstos a partir dos 17:30 horas, con actuacións de: Adrián Torres; Desconcerto; Black Stones e Guateque Trío.
Está previsto que o Troula Inclán se prolongue ata a 1:00 da madrugada.