Telmo Martín comprométese a realizar 20 proxectos se recunca coma alcalde
Por Oskar Viéitez
O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Sanxenxo, Telmo Martín comprometeuse a realizar 20 proxectos no próximos catro anos, se sae reelixido como rexedor. Segundo dixo, serán melloras que incluirán "desde viarios e servizos básicos á recuperación do patrimonio, pasando polos equipamentos e as actuacións do litoral".
Asegura que os seus compromisos electorais "son unha garantía" e destacou que nestes dous anos de mandato deu impulso de proxectos que levaban moitos anos atrancados, como o parque empresarial, o colexio de Vilalonga, o Pazo de Quintáns ou a rúa Progreso.
Telmo Martín promete que co PP no goberno de Sanxenxo no próximo mandato completarase a rede de saneamento e de auga das 7 parroquias, asfaltaranse os principais viarios de cada parroquia. Construirase unha nova estrada entre Vilalonga, a autovía e o parque empresarial. Humanizarase o viario A Vichona - O Santo e se empedrarán os núcleos de Sear e Lamela e acceso á igrexa de Bordóns.
En canto aos equipamentos inclúe un novo mercado de Sanxenxo, a mellora do mercado de Portonovo e a súa contorna, a reforma do colexio O Cruceiro, a reforma do edificio usos múltiples de Portonovo coa instalación dun ascensor, a reforma do pavillón deportivo de Baltar, a mellora da praza do Pazo de Sanxenxo e a reforma da praza de Vilalonga.
Para o litoral destaca o proxecto de mellora do porto de Portonovo e a rúa Rafael Picó, a mellora do porto deportivo de Sanxenxo, o paseo marítimo A Revolta - A Fianteira e centro de interpretación da ría de Arousa na Telleira.
E finalmente compromete a musealización do xacemento da Lanzada, as rutas de sendeirismo e patrimonio do río Fabaiños, Adina e do río Dorrón.