A procesión de Venres Santo pon fin á Semana Santa de Ponte Caldelas
Por Redacción
Os actos centrais da Semana Santa de Ponte Caldelas remataron este venres coa tradicional procesión de Venres Santo, un percorrido de preto dun quilómetro pola estrada da Quintán que cada ano é o acto relixioso central no municipio.
Os fieis, moitos deles con candeas na man, acompañaron ás imaxes do Cristo Xacente, San Xoán e a Virxe dos Dores. A nota musical correu a cargo da banda de gaitas dos Coribantes.
Como é tradicional, a procesión saíu dende a igrexa de Santa Baia e rematou na igrexa do Sagrado Corazón arredor de 45 minutos despois. Alí recolléronse as imaxes que procesionaron.