Un traballador precipítase dende tres metros de altura en Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un operario que se atopaba realizando traballos a tres metros de altura nunha obra en Telleiro na parroquia de Noalla en Sanxenxo precipitouse ao baleiro, por causas que están por determinar.
Ata o lugar desprazouse unha ambulancia asistencial de Urxencias Médicas, ademais dos servizos municipais de Emerxencias e unha dotación da Garda Civil.
O home foi trasladado a un centro hospitalario