Un Día para "encher de galego as redes"
Por Redacción
"Encher de galego as redes" constitúe, segundo salientou o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Rolán, o obxectivo central do Día das Redes Galegas, unha xornada centrada en falar de medios sociais e de contidos dixitais en galego.
Protagonizaron os coloquios varios profesionais formados neste centro do campus pontevedrés: Jennifer Álvarez, creadora de contidos dixitais en Antena 3; Laura Bastón, traballadora do Departamento de Contidos Web da TVG; Adrián Aira, xestor de proxectos dixitais na axencia Elogia, e a xornalista Alba Mancebo da publicación dixital especializada Diariomotor.
Este evento quere pór en valor aos profesionais da xestión de redes sociais e tamén á formación que imparte a facultade neste eido.
Por outra banda, o director da Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade, Fernando Ramallo, quen incidiu en que as redes sociais constitúen "unha oportunidade relevante para as linguas minorizadas", xa que son unha fonte para a xeración de "neofalantes dixitais", persoas que "inician a súa conversión lingüística a usuario ou usuaria permanente do galego a través da súa experimentación nas redes".