O rural loita para non ser comido pola maleza
Por Redacción
O Concello de Marín, a través da Fundación Juan XXIII, segue co calendario de rozas do rural.
Xa remataron a fase I, que comprende a zona de Pedreiras, Estivada, Arealonga, Pituco, Cañota, Pitanxo, Laxe, Carragal, Casal, Bravos, Viñas Blancas, A Raña e Outeiro.
Neste momento estase a traballar na fase II, que abarca dende a liña de costa e a estrada PO-551, desde a Escola Naval Militar ata a praia de Lapamán. Xa se remataron os camiños de Portocelo, Barriada de Mogor, O Monte e Raposeiras, e neste días se finalizará a zona de Aguete, para continuar pola Gorita, Montecelo, Loira, Bouzón, Moledo, Teoira e Casás, coa intención de que esta zona esté preparada para Semana Santa.
Ademais destas zonas, estanse a realizar rozas puntuais en zonas de moito tránsito, que impedían o paso normal de persoas e vehículos.