Sanxenxo contratará un servizo de mantemento dos contedores soterrados
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo redactou un prego para a contratación dun servizo de mantemento dos contedores soterrados. O prego redactado ten como obxecto definir as condicións técnicas mínimas que rexerán a contratación deste servizo.
No municipio, existen 19 instalacións de contenerización soterrada para a recollida selectiva dos residuos sólidos.
O goberno local ha informado que estas instalacións, "debido ao seu uso e á súa antigüidade presentan fallos de funcionamento", que é necesario emendar, levando a cabo tarefas de posta a punto, mantemento e conservación.
O prezo estimado do contrato é de 85.000 euros, e a empresa que resulte adxudicataria deberá levar un caderno de control do mantemento, que estará en todo momento a disposición da administración, no que se reflectirán de forma detallada as incidencias xurdidas, as revisións efectuadas, os traballos de reparación, entre outros detalles.
En canto ás incidencias que se produzan nos 365 días ao ano, o contrato, que terá unha duración de 30 meses, establecerá un tempo de resposta para a iniciación das reparacións de 24 horas no período de xuño a setembro e de 48 horas, durante o resto do ano.