A Policía Local de Marín investiga un condutor por apropiarse indebidamente dun coche de alta gama
Por Redacción
A Policía Local de Marín recuperou un vehículo de alta gama valorado en máis de 40.000 euros tras comprobar que sobre el, interpuxeran unha denuncia por subtracción nunha Comisaría da Policía Nacional de Madrid.
Segundo informaron desde o Concello de Marín, o condutor está a ser investigado por un delito de apropiación indebida.
Unha vez postos en contacto coa empresa que interpuxo a denuncia, infórmaselle que o vehículo quedará baixo a custodia da Policía Local ata a súa entrega.
Esta recuperación puido levar a cabo grazas á colaboración das Policías Locais de Marín e de Pontevedra.