![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/98c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5c6593d4d7-5c65920aa2-amsterdam-10.jpeg)
© Concello de Pontevedra
Pontevedra leva a Amsterdam a súa experiencia sobre a redución do tráfico
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/16a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5c6591f2ba-amsterdam-4.jpeg)
© Concello de Pontevedra
O Concello de Pontevedra está representado este xoves nun encontro internacional de expertos celebrado en Amsterdam e promovido polo goberno local para abordar o deseño do plan de acción da cidade no que traballa dende fai un tempo. Este plan ten como obxectivo a redución do tráfico de automóbiles e fortalecer a calidade de vida urbana dentro da cidade.
A participación de Pontevedra está enmarcada, polo tanto, dentro do asesoramento internacional que busca Amsterdam para deseñar este plan de acción.
Neste marco, os concelleiros Anabel Gulías e Alberto Oubiña participaron durante a xornada do xoves en varias mesas de expertospara abordar temas como "Aparcar e conducir" e a "Participación e xestión de grupos de interese". Neste encontro participaron as cidades de Oslo, Hamburgo, Gotemburgo, Copenhague, Groningen, Utrecht, La Haya, Rotterdam, Gante, Bruxelas, Munich, Barcelona e Lisboa
Na primeira mesa, Pontevedra expuxo o seu sistema de mobilidade xeral, cos estacionamentos de bordo e o modelo de servizos; e na segunda, os concelleiros abordaron a participación cidadá na creación da cidade dende unha perspectiva integrada para persoas con discapacidade funcional e tamén introduciron a perspectiva feminista. O obxectivo defendido foi a creación de cidades para todos.
Segundo informaron no Concello de Pontevedra, as conclusións que tiraron tanto relatores como asistentes da primeira das mesas é que había que exportar o modelo de Pontevedra a todas partes do mundo.