O anticiclón faise forte e garante tempo asollado ata o final da semana
Por Redacción
O tempo seco e o sol serán protagonistas durante toda a semana nas Rías Baixas e en toda Galicia en xeral.
A entrada nas últimas horas dun anticiclón garante a estabilidade ata a final de semana, con temperaturas agradables que ascenderán mesmo ata os 19 graos de máxima durante o martes e o mércores.
Pola súa banda as mínimas serán frescas os dous primeiros días da semana, entre os 4 e os 5 graos, pero ascenderán despois moderándose ata aproximadamente os 10 graos.
Segundo a previsión de Meteogalicia, as altas presións e os ventos de sueste provocarán baixa humidade e as referidas temperaturas altas para a época do ano.
Esta situación chegará previsiblemente ao seu fin o domingo 17 de febreiro, cando o anticiclón comece a retirarse permitindo a entrada dalgunha fronte "con alta probabilidade de precipitación e descenso térmico", sinala o servizo meteorolóxico autonómico.