Susto nun taller de Estribela polo fume que emitía un vehículo en reparación
Por Diego Torrado & Redacción
Un vehículo que se encontraba en reparación dun taller de Estribela provocou un notable susto durante a tarde deste xoves 24 de xaneiro.
Ao redor das 13.30 horas, cando os operarios se trasladaron a comer, deixaron no interior das instalacións o coche, que comezou emitir un intenso fume que se espallou polo interior do taller mecánico.
Ese mesmo vehículo xa expulsara fume a primeiras horas da mañá e os operarios do taller deixárano aparcado na rúa Marqués de Valterra durante unhas horas ata que o volveron meter nas dependencias.
Ata o lugar desprazous unha dotación da Policía Local e os bombeiros do Parque de Pontevedra, que tiveron que ventilar as instalacións ante a presenza da fumareda.