Desaloxan varias vivendas por un incendio nun garaxe en Sanxenxo
Por Redacción
Catro vivendas tiveron que ser desaloxadas este sábado polo incendio nun garaxe na Vichona.
Segundo informou a Garda Civil, sobre as 17.30 horas deste sábado rexistrouse un incendio nun remolque no interior dun garaxe.
Por prevención foron desaloxadas catro persoas doutras tantas vivendas.
Desde o Concello de Sanxenxo informaron que unha dotación do Servizo Local de Emerxencias de Sanxenxo participou na extinción das chamas e posterior ventilación da zona afectada.
Non houbo danos persoais.