Unha persoa falece atropelada de madrugada en Cambados
Por Redacción
Tráxico suceso o que se viviu na madrugada deste mércores 2 de xaneiro nos accesos a Cambados, onde unha persoa perdeu a vida tras ser atropelada por un vehículo.
Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o accidente tivo lugar ao redor das 4:30 horas da madrugada na estrada VG-4.3, á altura da saída de Corvillón e en sentido AG-41.
O falecido nun home de 40 anos de idade, veciño de Cambados, que circulaba a pé pola vía.
Ata o lugar do atropelo desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, o Servizo de Emerxencias de Cambados, Policía Local, Atestados, 061 e persoal médico do PAC de Cambados, que nada puideron facer por salvar a vida do peón.
Tamén se solicitaron medios de limpeza para retirar os restos do accidente e restablecer as condicións de seguridade na vía.
As causas do suceso están a ser investigadas polas forzas de seguridade.