Ponte Caldelas recada centos de quilos de alimentos e produtos de hixiene no Decembro solidario
Por Redacción
Ata pasada a medianoite, Ponte Caldelas converteuse este sábado nun espazo de actividade solidaria a través do Festival con fins benéficos no que actuaron diversos grupos locais de música tradicional.
Con esta gala finalizaba o Decembro no municipio. O Concello recaudou varios centos de quilos de alimentos e produtos de hixiene, que agora serán repartidos entre asociacións e organizacións que traballan na loita pola integración de familias que se atopan nunha situación económica complicada.
O festival foi presentado polo humorista Carlos Tresandí, que ofreceu unha gala de xogos vocais e ademais celebrouse a entrega de premios do concurso 'Coñeces o teu concello?'.
A última hora, as persoas asistentes puideron degustar caldo con produtos de casa, cociñado especialmente para a ocasión por Lita, unha das cociñeiras con máis prestixio culinario en Ponte Caldelas.