E Mary Poppins saíu da película para aparecerse aos escolares do Nosa Señora do Carmen de Marín
Por Redacción
Este venres estréase 'El regreso de Mary Poppins', unha película agardada por miles de escolares. Os primeiros en vela en Pontevedra, nunha sesión matinal, foron os alumnos de catro anos do colexio EEI Nosa Señora do Carmen de Marín.
E ademais puideron gozar dunha extraordinaria sorpresa, a aparición de Mary Poppins. A coidadora máxica de Jane e Michael presentouse na sala cargada de agasallos, falando inglés e acompañada do seu inseparable paraugas voador. Ante semellante aparición, os pequenos permaneceron pendentes da película durante máis de dúas horas.
Os profesores explicaron que Mary Poppins é a irmá xemelga da profesora María Gómez e aproveitou estas festas para achegarse desde Londres para visitala e seguir a estrea da película acompañando os escolares.