VIDEO.- Acordoan un edificio da rúa Riestra pola caída de cascallos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O edificio número 36 da rúa Marqués de Riestra foi acordoado pola Policía Local de Pontevedra tras desprenderse algúns elementos da súa fachada.
A caída de cascallos non alcanzou a ningunha persoa aínda que os restos caeron sobre o espazo no que se instala a terraza dunha hamburguesería que nese momento estaba pechada.
Os bombeiros acudiron ao lugar para inspeccionar a fachada e asegurar a zona. Co camión escaleira revisaron con especial coidado o balcón da terceira planta.
Caída de cascotes na rúa Riestra
© PontevedraViva