A Rúa do Vento estrea a súa nova imaxe
Por Redacción
Máis de 1.5 quilómetros de viarios e camiños serán reparados grazas a unha axuda de 104.900 euros que Sanxenxo recibirá do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Un dos primeiros proxectos que se acometeron é a pavimentación da Rúa do Vento.
A obra consistiu na limpeza das cunetas e as marxes, fresados localizados e apertura dunha caixa na plataforma para a dotación dunha capa base (de zahorra ou macadam) e o bacheo para a regularización do firme.
A continuación, está a estenderse unha capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente e poñendo as tapas das pozas de rexistro e a sinalización horizontal.
Previo a esta actuación, neste viario xa se acometeu unha obra para a instalación da rede de saneamento de augas pluviais e cruces para a previsión de electricidade e telecomunicacións.
Este outro proxecto, redactado por técnicos municipais tivo un orzamento de 48.200 euros, que foron financiados con fondos propios municipais.
Así pois, para a canalización de pluviais instaláronse 250 metros de tubaxe de PVC, que permita a súa recollida, así como un pozo de rexistro e arquetas sumidoiros. Tamén se levou a cabo a canalización das liñas eléctricas e das liñas de telecomunicación.