![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/77c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/5b2d25bf21-droga-pruebas-ag41.jpg)
© Guardia Civil de Tráfico
A Garda Civil de Tráfico anuncia o inicio do dispositivo especial de Nadal nas estradas da provincia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra anunciou o inicio do operativo do Nadal de seguridade viaria.
Con esta campaña intensificaranse sensiblemente o número de controis de alcol e drogas en toda a rede de estradas da provincia, especialmente en horario nocturno pero tamén ao mediodía, co obxecto de disuadir aos condutores da inxestión de bebidas alcohólicas durante as tradicionais comidas de Nadal.
O operativo poñerá especial énfase en detectar aos colectivos policonsumidores, aqueles condutores que se poñen ao volante e que consomen habitualmente alcol e drogas.
A Garda Civil aconsella os condutores que eviten o consumo de substancias psicoactivas e alcol por tratarse dun alto factor de risco causante da terceira parte dos accidentes mortais na provincia.